Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da modificación puntual do Plan parcial do sector SU-1 A Granxa-Dorrón, no concello de Sanxenxo (expediente 2019AAE2372).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 5 de abril de 2022 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria sobre a modificación puntual do Plan parcial do sector SU-1 A Granxa-Dorrón, no concello de Sanxenxo.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 2268/2019.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático