Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24503

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Rof Codina

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de investigador/a.

Convócase un concurso público para cubrir unha praza de veterinario/a para traballar no proxecto de investigación denominado Aproveitamento de descartes da pesca mediante o deseño de alimentos dietéticos de alto valor engadido para mascotas.

As bases estarán dispoñibles no enderezo www.rofcodina.org e o prazo de entrega de solicitudes finaliza aos 15 días naturais seguintes a partir da publicación deste anuncio.

Lugo, 13 de abril de 2022

Luis Felipe de la Cruz Palomino
Director xerente da Fundación Pública Galega Rof Codina