Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de extinción do convenio de Liñares de Maderne, número de elenco 2717517, do concello da Fonsagrada (expediente 10/2021).

Logo de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a Xefatura Territorial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do devandito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, andar baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 6 de abril de 2022

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

33730032A

Trámite de audiencia