Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20213719TACO incoado a X1550779G.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3 (A Coruña).
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a Xefatura Territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non se efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 5 de abril de 2022
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 20213719TACO.
DNI/NIF/CIF: X1550779G.
Último enderezo coñecido: rúa General Pardiñas 80, 28006 Madrid.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.