Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO da convocatoria e das bases de selección para o acceso á praza de auxiliar de arquivo e biblioteca e a tres prazas de operarios de obras.

Anuncio de convocatoria de proceso selectivo para prazas pola quenda libre, oferta de emprego público de 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 60, do 28.3.2022, publicouse anuncio da Resolución da Concellería delegada de Persoal, do 22.3.2022, pola que se aprobou a convocatoria e as bases comúns e específicas para cubrir pola quenda libre as seguintes prazas:

– Unha (1) praza de persoal funcionario de carreira, da escala de Administración especial, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, denominación: auxiliar de arquivo e biblioteca, mediante oposición libre.

– Tres (3) prazas de persoal funcionario de carreira, da escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, pertencente a agrupación profesional, denominación operarios de obras, mediante oposición libre.

As bases da convocatoria tamén se encontran expostas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal) e de forma complementaria na páxina web municipal www.tui.gal

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Tui, 28 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 24.6.2019 nº 2019-0720)
José Ramón Magán Rivera
Concelleiro delegado de Persoal