Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4043/2022, interposto contra a Orde do 15 de novembro de 2021, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Cervo, para a ampliación do Museo do Mar en San Cibrao.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4043/2022, interposto contra a Orde do 15 de novembro de 2021, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Cervo, para a ampliación do Museo do Mar en San Cibrao, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir co solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo