Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 31 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se lle notifica á persoa interesada o emprazamento no recurso contencioso-administrativo PA 57/2022 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o emprazamento ordenado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, para que poida comparecer como interesada no procedemento abreviado 57/2022, que deriva do expediente sancionador S-P-50.99, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para recoller ese emprazamento nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico del Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, 2ª planta, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade

ANEXO

Persoa interesada:

DNI: 35573961E.

Acto notificado: emprazamento do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra para presentarse como persoa interesada no procedemento abreviado 57/2022.

Expediente de infracción administrativa: S-P-50.99.