Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS210A (expediente CO-86538).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación da resolución ditada pola xefatura territorial no último domicilio da persoa interesada, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, emprázase para ser notificada a persoa interesada que se sinala no anexo ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 14 de marzo de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

DNI

Contido do acto

Fecha documento

CO-86538

09668964V

Reintegro das prestacións percibidas

4.8.2021