Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D (expediente 15019006521E e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda de solicitudes ditados nos procedementos da súa competencia no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rúa Gregorio Hernández, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación practicada por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución, atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 14 de marzo de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15019006521E

32759552P

Requirimento de emenda da solicitude

9.2.2022

15078000822E

11819447Z

Requirimento de emenda da solicitude

4.2.2022

15048000621E

54705623P

Requirimento de emenda da solicitude

21.1.2022

15017000422E

47437719N

Requirimento de emenda da solicitude

19.1.2022

15017000322E

Y5719933P

Requirimento de emenda da solicitude

19.1.2022

15019007521E

Y0412760Q

Requirimento de emenda da solicitude

13.1.2022

15036000922E

Y8697126N

Requirimento de emenda da solicitude

11.2.2022

15078016521E

45860937H

Requirimento de emenda da solicitude

15.2.2022