De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Área do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 31 de marzo de 2022
Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-43/2021.
DNI: 33861054V.
Acto obxecto de notificación: reclamación de xuros por non ingreso de fianza.