Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 30 de marzo de 2022 polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/21/078.01.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do novo viario de ampliación do Hospital Gran Montecelo, de clave PO/21/078.01, no concello de Pontevedra, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para compareceren no Servizo Provincial de Pontevedra, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñeceren o contido íntegro do intento de mutuo acordo. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

31

36900A12500040

Franco Franco, Aurea

32

36900A12500038

Sanmartín S-S, Pilar

51

36900A12500216

Rijos S-S, Rafael

52

36900A12500215

Pedrouso González, Jesusa

59

36900A12500168

Tobío López, Dolores

60

36900A12500165

Cendón García, Concepción

62

36900A12500208

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

65

36900A12500197

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

72

36900A12500182

Estévez S-S, José

73

36900A12500183

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

78

36900A12500188

Calvo González, Benito

80

36900A12600318

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003