Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2022 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Portela Número Uno depositada no varadoiro do porto de Bueu.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase a Carlos Bermúdez Monroy, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 22 de marzo de 2022, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación Portela Número Uno, con folio 4ª-VI-4-37, depositada no varadoiro do porto de Bueu, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación depositada no varadoiro do porto de Bueu tras o seu afundimento, sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde hai preto de cinco anos, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro).

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Outórgase ao interesado antes identificado un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa citada arriba, chegado o momento de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia