Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23423

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (publicada no DOG núm. 44, do 4 de marzo) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada

Tribunal titular:

Presidencia:

– Ángel López Álvarez, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Secretaría:

– Héctor González Novoa, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de arquitectos, subgrupo A1.

Vogais:

– María Isabel González García, persoal estatutario, facultativo especialista en medicina do traballo.

– María Luisa Cardesín Díaz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Pedro Manuel Rodríguez Mondelo, profesor titular da Universitat Politécnica de Catalunya.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– María Josefa Carvallo Ruíz, técnica superior de prevención de riscos laborais, subgrupo A1.

Secretaría:

– Álvaro José López Aenlle, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de arquitectos, subgrupo A1.

Vogais:

– Aitor Guisasola Yeregui, persoal funcionario do corpo superior facultativo, licenciado en medicina.

– Belén Iglesias Francesch, persoal estatutario, facultativo especialista en medicina de familia.

– José Westorio Rega Piñeiro, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, subgrupo A1.