Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 31 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do trámite de audiencia e do traslado de documentación do expediente administrativo de reclamación eléctrica IN635A/2021/252-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o trámite de audiencia e o traslado de documentación do expediente administrativo de reclamación eléctrica, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións que considere convenientes en defensa dos seus dereitos e, no caso de non efectuar alegacións a este trámite de audiencia, entenderase que dará por satisfeitas as súas pretensións, declarándose conclusa a tramitación do expediente e ordenarase o seu arquivamento.

Pontevedra, 31 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo de reclamación eléctrica: IN635A/2021/252-4.

Persoa interesada:

NIF: 53973054N.

Acto notificado: trámite de audiencia e traslado de documentación.