Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 22 de novembro de 2021 relativa ao parque eólico Campelo, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U. (expediente IN661A 2011/16).

Mediante a Resolución do 22 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de novembro de 2021, polo que se outorga autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos mineiros e forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Campelo, sito nos concellos de Coristanco e de Santa Comba (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U. (expediente IN661A 2011/16).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Nº parcela

proxecto

Pol.

Parc.

Persoa/s interesada/s

Acto que se notifica

227

501

62

Castro José

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

274

508

259

Gerpe Rama Celestino

Repres.: Ramón Gerpe Gómez

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

227

501

62

Novío Castro Manuel

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

307

4

443

Rial Recarey Francisco

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

283

508

339

Souto Velo Carmen

Repres.: Sara Souto Velo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

281

282

508

508

267

338

Souto Velo Félix

Repres.: Sara Souto Velo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

284

285

508

508

340

268

Souto Velo Josefa

Repres.: Sara Souto Velo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública

293

508

154

Souto Velo Sara e outros

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración, en concreto, de utilidade pública