Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Ames e Teo (expediente-e IN407A 2019/233-1).

Expediente-e: IN407A 2019/233-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: anexo ao proxecto LMTS Alto Milladoiro-Edificio Fernández.

Concellos: Ames e Teo.

Feitos:

1. O 1.9.2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Achega o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: anexo ao proxecto LMTS Alto Milladoiro-Edificio Fernández.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 2 de maio de 2020.

– DOG: 30 de novembro de 2021.

– BOP: 12 de novembro de 2021.

– Xornal La Voz de Galicia: 18 de novembro de 2021.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 15 de decembro de 2021.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para o Concello de Teo, que mostrou a súa conformidade co proxecto.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1 proxecto), a 20 kV, cunha lonxitude de 400 m, coa orixe en empalmes proxectados en arqueta existente da LMTS SNT840, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final en PAS en apoio existente da LMTA SNT840.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1 do anexo), a 20 kV, cunha lonxitude de 98 m, coa orixe en PAS en apoio existente da LMT SNT840, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final en PAS en novo apoio proxectado da LMTA SNT840.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2 proxecto), a 20 kV, cunha lonxitude de 25 m, coa orixe na LMTS de CT 15CYJ5 rúa Magdalena, 10-12), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final na LMTS a CT 15CSB4 Rosalía de Castro, 65.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2 anexo), a 20 kV, cunha lonxitude de 118 m, coa orixe en novo apoio proxectado da LMTS SNT840 condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final en apoio existente da LMTA SNT840.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 3 proxecto), a 20 kV, cunha lonxitude de 340 m, coa orixe na LMTS de CT 15CTR2 Rosalía de Castro, 67, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final na LMTS a CS 15CFFB Gadis, despois de facer entrada e saída no CT 15CG46 Edificio Fernández.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 4 proxecto), a 20 kV, cunha lonxitude de 160 m, coa orixe na LMTS de CT 15CFFB Gadis, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final na LMTS a CS 15PZD9 Toyota.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 5 proxecto), a 20 kV, cunha lonxitude de 490 m, coa orixe na LMTS de CT 15CSD0 Rial de Arriba, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1x240 Al), e final na LMTS a CT 15CHG8 rúa do Xeixo.

– LMTA SNT840 de 20 kV, entre o apoio proxectado e o apoio anterior, en condutor LA-56 Al (actuación prevista no anexo) cunha lonxitude de 101 m.

– Desmantelamento das instalacións que quedan sen servizo.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescripcións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña