De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos adoptounos o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.ourense@xunta.gal
A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 28 de marzo de 2022
Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Acto obxecto de notificación |
201832ALUG00674B |
34979098P |
Resolución de denegación da segunda prórroga da axuda ao alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (VI432B) |
201932ALUG00243D |
44492857R |
Resolución de desistencia da solicitude da primeira prórroga da axuda ao alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (VI432B) |