Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23060

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022 pola que se convocan, para a elección de destinos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala de xestión, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 4 de marzo de 2020.

Pola Resolución reitoral do 4 de marzo de 2020 (DOG do 17 de marzo) convócanse probas selectivas para cubrir trece prazas vacantes da escala de xestión da USC, cinco pola quenda de promoción interna e oito pola quenda de acceso libre.

Con data do 21 de decembro de 2021, o tribunal publicou a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Pola Resolución reitoral do 3 de xaneiro de 2022 (DOG do 14 de xaneiro), nomeáronse funcionarias en prácticas as persoas seleccionadas propostas polo tribunal cualificador, con efectos económicos e administrativos do 7 de febreiro de 2022, data de comezo do curso selectivo previsto na convocatoria das probas selectivas, que se desenvolveu ata o día 25 do mesmo mes.

No curso selectivo, todas as persoas aspirantes foron declaradas aptas segundo a publicación do tribunal efectuada o día 9 de marzo de 2022.

Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 9 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino, unha vez que as/os aspirantes da quenda de promoción interna xa realizaron o exercicio de opción previsto no punto 9.2 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base 9.2 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán os destinos ofertados por orde de prelación a través do formulario electrónico habilitado para o efecto que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm para o cal empregarán as credenciais corporativas ou as facilitadas para a realización do curso selectivo.

Cuarto. Para a selección de destinos provisionais, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.

2º. Poderá elixir «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos provisionais que se ofertan tendo en conta que as persoas aspirantes seleccionadas pola quenda de acceso libre deberán indicar, como mínimo, un número de prazas, ordenadas segundo a súa preferencia, que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo, e unha máis a maiores.

Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao fixado no parágrafo anterior e non se lle adxudique ningún destino, ou que non presente a súa solicitude de excedencia no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado en destino provisional o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo entre os que quedasen sen adxudicar, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 28.3.2022)
Ernesto Xosé González Seoane
Vicerreitor de Profesorado

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo convocadas á elección de destino provisional

Quenda de promoción interna:

DNI

Apelidos e nome

***5396**

Puga Rajo, Rosa María

Quenda de acceso libre:

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***7482**

Alonso Suárez, Noelia

2

***9602**

Navaza Aller, Félix

3

***7236**

Gay González, Concepción

4

***4774**

Piñeiro Quintela, Javier

5

***0066**

Mariño Ruza, Alberto

6

***9663**

Bercero Redondo, María Luisa

7

***6839**

López González, Sara

8

***0379**

Vega Fernández, María Dolores

ANEXO II

Relación de prazas da escala de xestión que se ofertan:

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

PF000096

Responsable unidade.

Unidade Xestión de Centro e Departamentos Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

24

Mañá

Lugo

PF000100

Responsable unidade.

Unidade Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Ciencias

24

Mañá

Lugo

PF000106

Responsable unidade.

Unidade Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Farmacia

24

Mañá

Compostela

PF000112

Responsable unidade.

Unidade Xestión de Centro e Departamentos Facultade de Psicoloxía

24

Mañá

Compostela

PF000092

Xefatura de subdivisión Matrícula. Unidade Xestión Académica Campus Lugo

22

Mañá

Lugo

PF000084

Xefatura de subdivisión Asuntos Varios. Unidade Xestión Académica Campus Norte

22

Mañá

Compostela

PF000081

Xefatura de subdivisión Relación cos Centros. Unidade Xestión Académica Campus Norte

22

Mañá

Compostela

PF000088

Xefatura de subdivisión Matrícula. Unidade Xestión Académica Campus Sur

22

Mañá

Compostela

PF000986

Técnico superior administración, especialidade xurídica/Técnico xestión, especialidade xurídica.

Xerencia

21

Mañá

Compostela

Licenciatura/Grao en dereito

PF000951

Técnico superior administración, especialidade xurídica/Técnico xestión, especialidade xurídica.

Asesoría Xurídica

21

Mañá

Compostela

Licenciatura/Grao en dereito. Curso formación para avogados Lei 34/2006