Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de marzo de 2022 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente COR/136/2021-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/136/2021-RP1 ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade números 33268776N, 33246520C, 33121726R, 33198399S, 33235467F, 44826028V, 44826029H; aos herdeiros da persoa titular do documento nacional de identidade 33120366K e a Francisco Antonio López Barcia, en relación coas obras que se levaron a cabo na rúa da Caldeiraría nº 37, no concello de Santiago de Compostela, na provincia da Coruña.

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, en Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística