Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 29 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2019/172-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMT Braña Grande-San Román, no concello da Laracha (expediente IN407A 2019/172-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 29 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/172-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: reforma LMT Braña Grande-San Román.

Concello: A Laracha.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

16

Descoñecida

348/2022

34,50 €

17

Descoñecida

349/2022

786,56 €

18

Descoñecida

350/2022

619,74 €

20

Descoñecida

351/2022

459,01 €

23

Jesús Luis Negreira Gómez

352/2022

972,59 €

29

Descoñecida

353/2022

112,91 €

34

Descoñecida

354/2022

200,56 €

37

Descoñecida

355/2022

349,41 €