Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23048

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 6 de abril de 2022 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2022, tramitado como expediente anticipado de gasto.

O artigo 14.3 da Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2022, tramitado como expediente anticipado de gasto, establece que, de conformidade co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez esgotado o crédito dispoñible, poderá ampliarse este cando o aumento veña derivado dalgunha das condicións previstas no dito artigo.

O tráxico naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova, que trouxo como consecuencia o falecemento de 6 dos seus tripulantes e a declaración de falecemento doutros 12 desaparecidos, motiva a necesidade de ampliación do importe da orde para atender a inmediata situación de desamparo económico das súas familias.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do importe da Orde do 23 de decembro

Amplíase o importe total máximo da Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2022, na cantidade de 65.000 euros, con cargo á aplicación 15.01.721A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar