Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de resolución da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

Consonte o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas nº 4-6 baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar unha cita previa a través do teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 29 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Núm. propietario

Acto que se notifica

Zona de concentración

33227942A

117

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)

33239319H

117

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)

Parroquia de Santa Eufemia de Milmanda

590

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)