Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 21495, onde di:
«Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, (...)».
Debe dicir:
«Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, (...)».