Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada proxecto de desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol, promovido por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2021/11-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia, S. A., con CIF núm. A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o proxecto prevé a execución do desprazamento da rede R.A.A.-I014.3 en MOP 16 bar afectada polas obras de urbanización no complexo hospitalario, na rúa Irmandade de Sangue, no concello de Ferrol (A Coruña):

A rede RAA-I014.3 ten as seguintes características:

• Presión máxima de operación 16 bar.

• Presión máxima de deseño 16 bar.

• Diámetro aceiro 4”.

• Espesor 3,6 mm.

E o desprazamento proxectado consiste:

• Desprazamento 216,00 metros de condución de aceiro DN 4”, en MOP 16 bar, consonte o recollido na planimetría.

• Desprazamento de válvula de acometida.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 27 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña