De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na Coruña, segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 24 de marzo de 2022
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
Anexo
Nº de expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado |
ANI-CO-0020/2022-V |
Diego Martínez Seco |
Acordo de inicio |
Pola xefa territorial |