Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación parcelaria.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación parcelaria.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderán solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberáse efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Propietario

Nº de propietario

Acto notificado

Morandeira Espiño, Concepción

289

RDX 1.3.2022

33618446J

290

RDX 1.3.2022

Morandeira Espiño, Matilde

292

RDX 1.3.2022

Morandeira Espiño, Pilar

293

RDX 1.3.2022

32409115E

32

RDX 1.3.2022