Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-0000086374 e nove máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázanse para seren notificadas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen, dos actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen, debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nos 7 e 9, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican se lles outorga ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, para emendaren as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 14 de marzo de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

CO-0000086374

Y6354602S

Requirimento de emenda da solicitude

2.10.2019

CO-AU3-0024/21

33200480A

Requirimento de emenda da solicitude

21.4.2021

CO-0000089156

32403869C

Requirimento de emenda da solicitude

9.10.2019

CO-0000082052

32309573R

Requirimento de emenda da solicitude

24.5.2021

CO-0000096053

35199419N

Requirimento de emenda da solicitude

20.8.2021

CO-0000090208

32277646K

Requirimento de emenda da solicitude

27.5.2021

SC-0000085079

33019618J

Requirimento de emenda da solicitude

11.10.2021

FE-0000097255

32511170A

Requirimento de emenda da solicitude

30.9.2021

FE-0000010584

32489602D

Requirimento de emenda da solicitude

22.9.2021

CO-0000085885

32363896K

Requirimento de emenda da solicitude

17.9.2021