Ao quedar dispoñible o departamento de usuarios número 2 dentro do dominio público portuario do porto de San Cibrao, no termo municipal de Cervo, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
Lugo, 25 de marzo de 2022
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte