Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Promalia Proyectos, S.L. para a explotación porcina de porcos de ceba situada na parroquia da Pereira, concello de Santa Comba (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-178).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada, de Promalia Proyectos, S.L. en Santa Comba (A Coruña).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-178.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2008/0278_NAA/IPPC_233.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.b.

Titular: Promalia Proyectos, S.L.

CIF: B70460670.

Enderezo social: r/ Juan Sebastián el Cano, nº 20, 8º esq. 15002 (A Coruña).

Localización da instalación: parroquia da Pereira, concello de Santa Comba (A Coruña).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: a explotación dispón de capacidade para 3.792 porcos de ceba distribuídos en 4 naves. Conta cun depósito de auga potable e silos para o almacenamento do penso. Ademais, existe un conxunto de fosas interiores e exteriores que garanten o almacenamento do xurro producido durante 6 meses. A instalación non dispón de sistema de calefacción.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios son conducidas cara a 2 fosas estancas e despois son trasladadas ata unha das fosas exteriores de almacenamento de xurro, para seren xestionadas conxuntamente co dito xurro. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores de xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado na explotación será recollido por un xestor autorizado.