Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0026-2022 V.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Xervizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 22 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

MON-CO-0026-2022 V

X8297152V

Acordo de inicio