Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de marzo de 2022, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a folla de valoración fundada da Administración, ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/261.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo a folla de valoración fundada da Administración, do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito: A Devesa-Bretoña, p.q. 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06, no concello de Pontevedra, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, e coñecer o contido íntegro desta folla de valoración fundada da Administración. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 21 de marzo de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

1

36900A18900244

Lorenzo Piedra, María

18

36900A18800318

Blanco Lores, Eligio