Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de marzo de 2022, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-00442-O-2021 e un máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador PO-00442-O-2021 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recibo nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra as resolucións sancionadoras, que non son definitivas na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

PO-00442-O-2021

2867-KKZ

47383804D

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

5.10.2020; 13.40; AP-9; 128,0

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros

XC-00365-O-2021

0733-JMS

Y3707341P

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), carecendo deste.

15.9.2020; 13.27; AP-9F; 25,2

Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.h) do ROTT

Artigo 197.45 do ROTT

2.001 euros