Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dun ben incautado no expediente sancionador PSC-PO-0972/2016-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada dispón dun prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

O expediente relacionado no anexo está á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 23 de marzo de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Enderezo

PSC-PO-0972/2016-PPM

X9198316H

Avenida de Manuel Quiroga, 60, O Barco de Valdeorras