Mediante a Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro) a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control no ano 2021.
O artigo 13.8 da dita orde dispón que os informes de control de expedientes suxeitos a control mediante monitorización se notificarán segundo o indicado no artigo 27, que indica que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015. De conformidade co artigo 45.1 da citada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia cunha ligazón á páxina web do Fogga.
Conforme o anterior, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes dos informes de control mediante monitorización citados na Orde do 15 de xaneiro de 2021. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/monitorizacion
Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas os informes indicados no punto primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible en Google Play ou en App Store, e a páxina web Portal de axudas PAC a través da seguinte ligazón:
https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac
Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para formular as alegacións ou presentar os documentos ou xustificacións que xulguen pertinentes, consonte o que dispón o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento de administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria