Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 10 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2021/5110-2 e catorce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 10 de marzo de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2021/5110-2

Juan Carlos Alonso Vidal

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/5147-2

Iván Estrada Fernández

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/5216-2

Explotaciones Vivero, S.L.

Recoñecemento do dereito

PR204A 2022/22-2

Portavehículos Mayo

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/275-2

Francisco Chao Victorino

Recoñecemento do dereito

PR204A 2022/328-2

Vania Fca. Estrela da Silva

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/336-2

Karina Raposo Teijeiro

Recoñecemento do dereito

PR204A 2022/354-2

Verónica Cabaleiro Pena

Denegatoria do dereito

PR204A 2022/414-2

Ovidiu Stefan Iván

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/468-2

Banco Popular de España

Denegatoria do dereito

PR204A 2021/452-2

Frandariel Jiménez Martínez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/466-2

Elisabeth Pérez Fernández

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/503-2

Iván Cortón Suárez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/550-2

Juan Carlos Gayoso Rodríguez

Recoñecemento do dereito

PR204A 2021/691-2

Victorina Canoura Fernández

Recoñecemento do dereito