Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22070

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se fixan os prezos privados por servizos prestados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (en diante, a Axencia), configura a Axencia con personalidade xurídica propia, patrimonio e tesouraría propios e autonomía na súa xestión. A norma atribúelle a competencia para, por unha banda, ser o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade e, por outra, potenciar a calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario para suplir os déficits que nesta materia se produzan na nosa comunidade autónoma e establecendo como obxectivo principal da súa actividade investigadora responder aos retos científicos e tecnolóxicos aos cales se enfrontan os sectores agroforestal e agroalimentario, vinculados á mellora da súa competitividade.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, define prezo privado como a contraprestación obtida polos suxeitos públicos activos, como consecuencia das prestacións de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados. Estes prezos privados deben fixarse polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, e publicaranse no Diario Oficial de Galicia. Pola súa banda, o Decreto 61/2005, do 7 de abril, dita as normas específicas para a aplicación das taxas a prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

No exercicio das súas competencias, a Axencia presta servizos e realiza actividades suxeitas á contraprestación dun prezo privado en tres ámbitos diferentes: primeiro, os servizos de control e certificación de produtos amparados nunha denominación xeográfica e os relativos á artesanía alimentaria, recollidos nos artigos 15.1 e 27 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega; segundo, as análises, estudos, diagnoses e ditames de laboratorio expedidos polo Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia; e terceiro, a transferencia de material vexetal de sementes autóctonas e plantas de viveiro, producidas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, no Centro de Investigación Forestal de Lourizán e na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Arestora están en vigor tres ordes reguladoras de prezos privados para cadanseu ámbito. En concreto:

• A Orde do 23 de marzo de 2010 pola que se regulan os prezos privados dos servizos de xestión, control e certificación da calidade alimentaria do Instituto Galego da Calidade Alimentaria;

• A Orde do 19 de decembro de 2014 pola que se fixan os prezos das determinacións analíticas realizadas polo Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependentes da Consellería do Medio Rural; e

• A Orde do 1 de decembro de 2009 pola que se fixan os prezos derivados dos servizos xestionados pola Consellería do Medio Rural, referente a plantas forestais, semente e piñas de sequeiro.

Estas disposicións non se refiren á totalidade de produtos e servizos expedidos actualmente pola Axencia nin recollen as prescricións do Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española.

A prol dun principio de simplicidade, cómpre actualizar e unificar a previsión normativa respecto aos prezos privados dos produtos e servizos expedidos pola Axencia, e a súa revisión, nunha única disposición. Polo tanto, logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das competencias conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde fixa os prezos exixibles polos produtos e servizos prestados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en réxime de dereito privado e o seu sistema de actualización.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación desta orde abrangue os seguintes servizos que se describen nos anexos desta orde:

1. Servizos de xestión, control e certificación da calidade alimentaria (anexo 1).

2. Análises, estudos, diagnoses e ditames (anexo 2).

3. Transferencia de material vexetal (anexo 3).

Artigo 3. Suxeitos obrigados ao pagamento do prezo

Estarán obrigados ao pagamento do prezo fixado as persoas físicas ou xurídicas que reciben os servizos da Axencia relacionados nos anexos 1 e 2, ou que adquiran o material codificado no anexo 3.

Artigo 4. Condicións da prestación

1. Servizos de xestión, control e certificación da calidade alimentaria.

Nun prazo máximo de 15 días naturais tras a recepción da factura, os interesados aboarán o importe indicado, nas contas restrinxidas de recadación abertas pola Atriga nas entidades financeiras autorizadas, facendo mención do código do concepto correspondente. O pagamento poderase facer telematicamente desde a páxina da Atriga.

2. Análises, estudos, diagnoses e ditames.

Antes da recollida dos resultados, os interesados aboarán o importe indicado nas contas restrinxidas de recadación abertas pola Atriga nas entidades financeiras autorizadas, facendo mención do código do concepto correspondente. O pagamento poderase facer telematicamente desde a páxina da Atriga. A xustificación do pagamento será aval necesario e suficiente para a retirada dos resultados.

3. Transferencia de material vexetal.

Os interesados aboarán previamente o importe indicado nas contas restrinxidas de recadación abertas pola Atriga nas entidades financeiras autorizadas, facendo mención do código do concepto correspondente. O pagamento poderase facer telematicamente desde a páxina da Atriga. A xustificación do pagamento será aval necesario e suficiente para a retirada do material vexetal.

Artigo 5. Exaccións e subvencións reguladoras

1. Os prezos aprobados no anexo desta orde non serán exixibles aos órganos da Administración a que se refire o artigo 3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os consellos reguladores, os operadores de indicacións xeográficas e aqueles de artesanía alimentaria desfrutarán dun réxime de bonificacións e descontos nos servizos de control e certificación, segundo especificacións do anexo 1.

Artigo 6. Actualización dos prezos

Os prezos revisaranse no primeiro trimestre de cada ano, tomando como referencia a mesma estrutura cuantitativa e cualitativa dos custos sobre a que se estableceron. En ausencia dunha variación substancial dos custos, non procederá modificación dos prezos. Para os efectos desta orde, enténdese como variación substancial aquela que altera o prezo final, á alza ou á baixa, en máis dun 2 %.

Os prezos actualizados deberanse facer públicos mediante unha resolución da Presidencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria ou por delegación no titular da Dirección.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Derrógase a Orde do 23 de marzo de 2010 pola que se regulan os prezos privados dos servizos de xestión, control e certificación da calidade alimentaria do Instituto Galego da Calidade Alimentaria; a Orde do 19 de decembro de 2014 pola que se fixan os prezos das determinacións analíticas realizadas polo Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, dependentes da Consellería do Medio Rural; e a Orde do 1 de decembro de 2009 pola que se fixan os prezos derivados dos servizos xestionados pola Consellería do Medio Rural, referente a plantas forestais, semente e piñas de sequeiro, así como aquelas cantas disposicións de inferior ou igual rango se opoñan ao disposto na presente orde.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase o director da Agacal para ditar cantos actos e instrucións sexan necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO 1

Servizos de xestión, control e certificación da calidade alimentaria

36.38.01 Servizo de Xestión dos Consellos Reguladores.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Consellos reguladores con valor produción certificada > 2.000.000 €

6.039,55

Consellos reguladores con valor produción certificada < 2.000.000 €

6.039,55

50 %

Todos os prezos sen IVE

36.38.02 Servizo de Control e Certificación das Indicacións Xeográficas.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Auditoría de control

Usuarios finais da marca e operadores intermedios con valor da produción certificada de 0-50.000 €

687,59

75 %

Usuarios finais da marca e operadores intermedios con valor da produción certificada de 50.001-200.000 €

687,59

50 %

Usuarios finais da marca e operadores intermedios con valor da produción certificada de >200.000 €

687,59

Produtores primarios

209,91

100 %

Control documental

Usuarios finais da marca e operadores intermedios con valor da produción certificada de 0-50.000 €

366,87

75 %

Usuarios finais da marca e operadores intermedios con valor da produción certificada de 50.001-200.000 €

366,87

50 %

Usuarios finais da marca e operadores intermedios con valor da produción certificada de >200.000 €

366,87

Produtores primarios

102,49

100 %

Todos os prezos sen IVE

36.38.03 Servizo de Control e Certificación da Artesanía Alimentaria.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Auditoría de control

Usuarios da marca con valor da produción certificada de 0-50.000 €

341,81

75 %

Usuarios da marca con valor da produción certificada 50.001-200.000 €

341,81

50 %

Usuarios da marca con valor da produción certificada de >200.000 €

341,81

Control documental

Usuarios da marca con valor da produción certificada de 0-50.000 €

179,92

75 %

Usuarios da marca con valor da produción certificada 50.001-200.000 €

179,92

50 %

Usuarios da marca con valor da produción certificada de >200.000 €

179,92

Todos os prezos sen IVE

36.38.04 Servizo de Xestión de Contraetiquetas.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Custo unitario contraetiqueta

0,01

Todos os prezos sen IVE

ANEXO 2

Análises, estudos, diagnoses e ditames

36.17.01 Servizos prestados polo Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Bebidas

Viño, mosto, vinagre, bebidas espirituosas, alcohol, fermentado de froitas, auga, cervexa, sidra, bebidas refrescantes, sangría, subprodutos vínicos e zume

Exenta Administración Xunta de Galicia

Viño

Acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), azucres redutores, azucre total (expresado en sacarosa), bacterias, cinzas totais, densidade relativa 20/20, dióxido de xofre total, dióxido de xofre libre, extracto seco, frutosa+glicosa, grao alcohólico volumétrico, grao alcohólico total, pH, masa volúmica, ácidos orgánicos (acético, cítrico, láctico, málico, tartárico), ácido sórbico, ácido ascórbico, glicerol, ferro, cobre, lévedos, outros metais, metanol, substancias volátiles, ocratoxina A, sulfatos

Prezo por cada ensaio, agás as excepcións indicadas

4.00

Agrupamento 1: acidez total, acidez volátil, azucres redutores, dióxido de xofre total, grao alcohólico volumétrico

7.00

Agrupamento 2: acidez total, acidez volátil, azucres redutores, dióxido de xofre total, grao alcohólico volumétrico, grao alcohólico total

10.00

Agrupamento 3: acidez total, acidez volátil, azucres redutores, dióxido de xofre total, dióxido de xofre libre, grao alcohólico volumétrico

10.00

Agrupamento 4: acidez total, acidez volátil, azucres redutores, ácido málico ou L-málico, dióxido de xofre total, dióxido de xofre libre, extracto seco, grao alcohólico volumétrico, pH

15.00

Seguimento fermentación maloláctica: acidez volátil, ácido málico ou L-málico, grao alcohólico volumétrico

5.00

Ácidos orgánicos: acético, cítrico, láctico, málico, tartárico

10.00

Certificado de exportación: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido cítrico, dióxido de xofre total, azucres redutores, extracto seco total, grao alcohólico adquirido, masa volúmica, metanol

25.00

Certificado exportación Xapón: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido cítrico, ácido sórbico, dióxido de xofre total, azucres redutores, extracto seco total, grao alcohólico adquirido, masa volúmica, metanol

25.00

Anexo IX Brasil: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido cítrico, azucres totais (expresados en sacarosa), cinzas, colorante artificial, cloruros, edulcorante, extracto seco reducido, grao alcohólico adquirido, metanol, sulfatos

25.00

Mosto

Ácidos orgánicos (acético, cítrico, láctico, málico, tartárico), acidez total (ácido tartárico), ácido sórbico, azucres redutores, azucres totais (expresado en sacarosa), densidade relativa 20/20, dióxido de xofre total, frutosa, glicosa, grao alcohólico probable, grao Brix, masa volúmica, pH, arsénico, cobre, ferro, chumbo, cinc, potasio, sulfatos

Prezo por cada ensaio, agás as excepcións indicadas

4.00

Vinagre

Acetoína, acidez total (ácido acético), alcohol, cinzas, cloruros, cinzas, cinc, cobre, dióxido de xofre total, extracto seco, grao alcohólico, metanol, ferro, cinc, chumbo, sodio, sulfatos

Prezo por cada ensaio, agás as excepcións indicadas

4.00

Agrupamento 1: acidez total (ácido acético), cinzas totais, extracto seco, metanol

12.00

Agrupamento 2: acetoína, acidez total (ácido acético), alcohol, cinzas totais, cinc, cobre, cloruros, extracto seco, ferro, chumbo, metanol, sulfatos

25.00

Viño, mosto, vinagre: ocratoxina A

70.00

Mosto, vinagre: valor nutricional

36.00

Espirituosas

Acetal, acetato de etilo, acidez total (ácido acético), acidez volátil (ácido acético), ácido cítrico, aldehidos totais, azucres totais (expresados en sacarosa), arsénico, cinc, cobre, etanal, grao alcohólico volumétrico, alcohois superiores, furfural, metanol, chumbo, substancias volátiles,

Prezo por cada ensaio

4.00

Augardente: acetato de etilo, acidez total (ácido acético), alcohois superiores, cobre, etanal (acetaldehido), grao alcohólico, metanol

16.00

Licor: acetato de etilo, acidez total (ácido acético), alcohois superiores, azucres totais, cobre, etanal (acetaldehido), grao alcohólico, metanol

18.00

Exportación augardente: cobre, grao alcohólico, metanol, substancias volátiles

14.00

Exportación licor: azucres totais, cobre, grao alcohólico, metanol, substancias volátiles

16.00

Análise completa espirituosas : ácido cítrico, azucres totais, acetato de etilo, acidez total (ácido acético), acidez volátil (ácido acético), alcohois superiores, aldehidos totais, cobre, etanal (acetaldehido), grao alcohólico, metanol, chumbo, substancias volátiles, cinc, acetal, furfural

30.00

Análise pacharán: ácido cítrico, azucres totais, acetato de etilo, acidez volátil (ácido acético), alcohois superiores, aldehidos totais, arsénico, cobre, grao alcohólico, metanol, chumbo, cinc, acetal, furfural

30.00

Alcohois superiores: 1-butanol, 1-propanol, 2-butanol, 2-metil 1-butanol, 3-metil 1-butanol, isobutanol (metil propan-1-ol)

10.00

Alcohois + metais: 1-propanol, 2-butanol, acetato de etilo, isobutanol (metil propan-1-ol), metanol, cinc, cobre, chumbo

20.00

Metais: arsénico, cinc, cobre, calcio, magnesio, potasio, chumbo, sodio

15.00

Fermentado de froitas: acetato de etilo, acidez total (ácido acético), alcohois superiores, etanal (acetaldehido), cobre, grao alcohólico, metanol

18.00

Auga

Bicarbonatos, cloruros, arsénico, calcio, cadmio, cobalto, cinc, dureza, ferro, magnesio, pH, potasio, chumbo, residuo seco a 180ºC, sodio, sólidos en disolución a 180ºC

Prezo por cada ensaio

4.00

Cervexa

Acidez total (ácido láctico), cor, densidade relativa 20/20, dióxido de carbono, dióxido de xofre total, extracto aparente, extracto real, extracto seco primitivo, grao alcohólico, pH

Prezo por cada ensaio

4.00

Certificado exportación: extracto seco primitivo, grao alcohólico

8.00

Certificado exportación China: acidez total (ácido láctico), densidade relativa 20/20, extracto aparente, extracto real, extracto seco primitivo, grao alcohólico volumétrico, pH

16.00

Sidra

Acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido sórbico, arsénico, azucres totais, cinzas, dióxido de xofre total, dióxido de xofre libre, extracto seco, grao alcohólico volumétrico, metanol, chumbo

Prezo por cada ensaio

4.00

Agrupamento 1: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), grao alcohólico volumétrico

6.00

Agrupamento 2: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), azucres totais (expresados en sacarosa), dióxido de xofre libre, dióxido de xofre total, grao alcohólico volumétrico

12.00

Certificado exportación: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido sórbico, cinzas, dióxido de xofre total, extracto seco, grao alcohólico volumétrico

15.00

Bebidas refrescantes

Acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido sórbico, azucres redutores, azucres totais (expresados en sacarosa), dióxido de xofre libre, dióxido de xofre total, extracto seco, grao alcohólico volumétrico, metanol, arsénico, cadmio, cinc

Prezo por ensaio

4.00

Valor nutricional: valor enerxético, graxa, graxa saturada, hidratos de carbono, azucres, proteína, sal

36.00

Sangría

Acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido sórbico, azucres redutores, azucres totais (expresados en sacarosa), dióxido de xofre libre, dióxido de xofre total, grao alcohólico volumétrico, metanol

Prezo por ensaio

4.00

Exportación sangría: acidez total (ácido tartárico), acidez volátil (ácido acético), ácido sórbico, azucres redutores, azucres totais (expresados en sacarosa), dióxido de xofre libre, dióxido de xofre total, grao alcohólico volumétrico, metanol

20.00

Subprodutos vínicos

Lías e augardentes

Acetato de etilo, acidez total (ácido acético), azucres totais, contido alcohólico, dióxido de xofre total, dióxido de xofre libre, metais

Prezo por ensaio

4.00

Zume

Acidez total (ácido tartárico), ácido acético, ácido cítrico, ácido láctico, ácido málico, ácido tartárico, azucres redutores, azucres totais (expresados en sacarosa), arsénico, bacterias, calcio, cinzas, cobre, densidade relativa 20/20, dióxido de xofre total, frutosa, glicosa, grao Brix, ferro, pH

Prezo por ensaio, agás as excepcións indicadas

4.00

Ácidos orgánicos: acético, cítrico, láctico, málico, tartárico

10.00

Ocratoxina A

70.00

Valor nutricional

36.00

Alimentos

Aceite, leite, manteiga, iogur, cacao e chocolate, café, produtos do mar, produtos vexetais e fungos, embutidos, produtos cárnicos, cereais, fariñas, pasta, mel, pole, queixo e repostaría

Exenta Administración Xunta de Galicia

Prezo por cada ensaio, agás as excepcións indicadas

7.00

Graxa e graxa saturada

20.00

Hidratos de carbono ou proteína

10.00

Valor nutricional: valor enerxético, graxa, graxa saturada, hidratos de carbono, azucres, proteína, sal

42.00

Produtos cárnicos: nitratos e nitritos

15.00

Perfil ácidos graxos en alimentos

30.00

Mel: actividade diastásica, hidroximetilfural e humidade

15.00

Fertilizantes

Auga de rega, xurros, lodos de uso agrario, substrato, fertilizantes orgánicos, compost, emenda mineral, fertilizante orgánico e fertilizante inorgánico

Exenta Administración Xunta de Galicia

Auga de rega

Prezo por cada ensaio: bicarbonatos, calcio, carbonatos, clasificación Riverside, cloruros, condutividade eléctrica, magnesio, nitratos, perigo de alcalinización, perigo de salinización, pH, potasio, relación de absorción de sodio (SAR), sodio, sulfatos

7.00

Perfil augas: bicarbonatos, calcio, carbonatos, clasificación Riverside, cloruros, condutividade eléctrica, magnesio, nitratos, perigo de alcalinización, perigo de salinización, pH, potasio, relación de absorción de sodio (SAR), sodio, sulfatos

20.00

Xurros

Prezo por cada ensaio: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, pH, calcio, magnesio, fósforo, potasio, ferro, cobre, manganeso, cinc

7.00

Perfil básico xurros: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, pH, calcio, magnesio, fósforo, potasio

50.00

Perfil completo xurros: básico máis ferro, cinc, cobre, manganeso

65.00

Lodos uso agrario

Prezo por cada ensaio: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, carbono, pH, calcio, fósforo, ferro, magnesio, potasio, carbono, relación carbono total/nitróxeno total, nitróxeno total, cadmio, cinc, cobre, cromo, mercurio, níquel, chumbo

7.00

Perfil lodos: materia seca, materia orgánica, nitróxeno total, pH, calcio total, magnesio total, fósforo total, potasio total, ferro, relación carbono total/nitróxeno total, metais pesados (cadmio, cinc, cobre, cromo, mercurio, níquel, chumbo)

80.00

Substrato

Prezo por cada ensaio: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, pH, calcio, magnesio, fósforo, potasio, ferro, carbono, relación carbono total/nitróxeno total, cadmio, cinc, cobre, cromo, manganeso, mercurio, níquel, chumbo, sodio, densidade aparente, densidade aparente compactada, condutividade eléctrica, nitróxeno amoniacal

7.00

Perfil básico substratos: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, fósforo, potasio, carbono, relación carbono total/nitróxeno total

35.00

Perfil completo substratos: básico + densidade aparente, pH e condutividade eléctrica

45.00

Metais pesados: cadmio, cinc, cobre, cromo, mercurio, níquel, chumbo

45.00

Fertilizante orgánico, compost

Prezo por cada ensaio: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, pH, calcio, magnesio, fósforo, potasio, ferro, carbono, relación carbono total/nitróxeno total, xofre, cadmio, cinc, cobre, cromo, manganeso, mercurio, níquel, chumbo, sodio, densidade aparente, densidade aparente compactada, condutividade eléctrica, nitróxeno amoniacal

7.00

Perfil básico fertilizante orgánico, compost: materia seca, materia orgánica, nitróxeno, pH, fósforo, potasio, calcio, magnesio

45.00

Perfil completo fertilizante orgánico, compost: básico + ferro, cobre, cinc, manganeso

60.00

Metais pesados: cadmio, cobre, cromo, mercurio, níquel, chumbo, cinc

45.00

Emenda mineral

Prezo por cada ensaio: carbonatos, valor neutralizante, grao de finura, calcio, magnesio

7.00

Fertilizante inorgánico

Prezo por cada ensaio: humidade, Biuret, xofre total ou xofre soluble en auga, boro total ou soluble en auga, calcio total ou soluble en auga, cobalto total ou soluble en auga, cobre total ou soluble en auga, ferro total ou soluble en auga, molibdeno total ou soluble en auga, magnesio total ou soluble en auga, manganeso total ou soluble en auga, potasio total ou soluble en auga, cinc total ou soluble en auga, nitróxeno amoniacal, nitróxeno total, nitróxeno total Devarda, nitróxeno nítrico, nitróxeno ureico, fósforo soluble en ácido fórmico, fósforo soluble en ácidos minerais, fósforo soluble en auga, fósforo soluble en citrato amónico neutro, cloruros, pH, grao de finura, sodio total ou sodio soluble en auga

7.00

Solos

Prezo por cada ensaio: pH, condutividade eléctrica, carbono, materia orgánica, elementos grosos, nitróxeno total, nitróxeno nítrico, nitróxeno amoniacal, relación C/N, potasio asimilable, calcio asimilable, magnesio asimilable, sodio asimilable, acidez de cambio, fósforo asimilable, ferro asimilable, cobre asimilable, manganeso asimilable, cinc asimilable, cadmio, cinc, cobre, cromo, chumbo, mercurio, níquel

7.00

Exenta Administración Xunta de Galicia

Perfil fertilidade do solo: secado, peneirado, moenda, pH, condutividade eléctrica, carbono, materia orgánica, elementos grosos, capacidade de cambio efectiva, nitróxeno, relación C/N, elementos asimilables (potasio, calcio, magnesio, sodio), acidez de cambio, fósforo asimilable, porcentaxe de saturación da acidez, relación Ca/Mg, relación K/Mg

20.00

Perfil textura do solo: area, limo, arxila e clasificación textural

20.00

Perfil microelementos asimilables do solo: ferro, cobre, manganeso, cinc

20.00

Perfil metais pesados en solos: cadmio, cinc, cobre, cromo, chumbo, mercurio, níquel

45.00

Perfil análise de solos para fertilización con lodos: cadmio, cinc, cobre, cromo, chumbo, mercurio, níquel, elementos grosos, fósforo asimilable, pH

60.00

Foliares

Prezo por cada ensaio: nitróxeno, fósforo, potasio, calcio, magnesio, ferro, cobre, manganeso, cinc, xofre, boro

7.00

Exenta Administración Xunta de Galicia

Perfil foliar básico: nitróxeno, fósforo, potasio, calcio, magnesio, ferro, cobre, manganeso, cinc

25.00

Perfil foliar completo: nitróxeno, fósforo, potasio, calcio, magnesio, ferro, cobre, manganeso, cinc, xofre, boro

32.00

Alimentación animal

Forraxe, ensilado, penso, cereais, oleaxinosas, proteaxinosas e materias primas

Exenta Administración Xunta de Galicia

Prezo por cada ensaio, agás as excepcións indicadas

7.00

Valor nutritivo herba ensilada ou verde: fibra en deterxente ácido FAD, fibra en deterxente neutro FND, materia orgánica, materia seca, proteína bruta

15.00

Valor nutritivo millo ensilado ou verde: amidón, dixestibilidade da materia orgánica, fibra en deterxente ácido FAD, fibra en deterxente neutro FND, materia orgánica, materia seca, proteína bruta, unidades forraxeiras carne ou leite

20.00

Análise fermentativa de ensilados: ácido acético, ácido butírico, ácido caproico, ácido isobutírico, ácido isovalérico, ácido láctico, ácido propiónico, ácido valérico, butanol, etanol, materia seca, nitróxeno amoniacal, nitróxeno soluble, nitróxeno total, pH, propanol

30.00

Valor nutritivo penso: cinzas brutas, fibra bruta ou celulosa, graxa bruta, humidade, proteína bruta

20.00

Perfil de ácidos graxos penso: ácido aráquico, ácido behénico, ácido cáprico, ácido esteárico, ácido láurico, ácido lignocérico, ácido linoleico, ácido linolénico, ácido mirístico, ácido oleico, ácido palmítico, ácido palmitoleico

30.00

Macroelementos: calcio, fósforo, magnesio, potasio, sodio

15.00

Microelementos: cinc, cobre, ferro, manganeso

15.00

Micotoxinas: B1, B2, G1, G2

60.00

Ocratoxina A

70.00

Zearalenona

70.00

Determinacións NIRS: amidón, dixestibilidade calibrada in vivo, fibra en deterxente ácido FAD, fibra en deterxente neutro FND, materia orgánica, materia seca, proteína bruta, unidades forraxeiras carne ou leite

9.00

Residuos de pesticidas

En froitas, verduras, froitos secos, bebidas, cereais, legumes, forraxes, mel, plantas, solos

Exenta Administración Xunta de Galicia

Análises multirresiduos cromatografía de gases con espectrofotometría de masas-masas, GC-MS/MS, 127 pesticidas

35.00

Análises multirresiduos cromatografía de líquidos con espectrofotometría de masas-masas, HPLC-MS/MS, 127 pesticidas

75.00

Sanidade vexetal

Enfermidades e pragas en cultivos herbáceos e en cultivos leñosos agrícolas e forestais

Exenta Administración Xunta de Galicia

Nematodos illamento

30.00

Identificación de nematodos PCR ou ELISA

15.00

Artrópodos

12.00

Bacterias illamento

20.00

Bacterias por cromatografía de gases

25.00

Bacterias IF ou PCR

15.00

Fungos illamento

20.00

Fungos: PCR

15.00

Identificación de fisiopatías

15.00

Identificación de malas herbas

15.00

Virus ELISA ou PCR

15.00

Identificación de patóxenos por secuenciación de ácidos nucleicos

50.00

Outras determinacións

Deberán ser orzamentadas no caso de non estaren incluídas na lista de prezos

Segundo dificultade

ata 300 €

Exenta Administración Xunta de Galicia

Todos os prezos sen IVE

36.17.02 Servizos prestados pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Verificación de identidade de variedades de vide incluídas no potencial vitícola de Galicia

76,21 €

Exenta Administración Xunta de Galicia

Verificación de identidade de variedades e portaenxertos incluídos no rexistro de variedades comerciais

76,21 €

Exenta Administración Xunta de Galicia

Todos os prezos sen IVE

36.17.03 Servizos prestados polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Verificación de identidade materiais de base de castiñeiro, sexan variedades para castaña, portaenxertos ou clons para madeira

45,14 €

Exenta Administración Xunta de Galicia

Todos os prezos sen IVE

ANEXO 3

Transferencia de material vexetal

36.18.00 venda de plantas.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Vide

Enxerto de categoría base de clons rexistrados de variedades autóctonas

1,36

Enxerto de categoría estándar das variedades autóctonas

0,31

Castiñeiro

Puga das variedades tradicionais de castiñeiro de categoría CAC, incluídas no Rexistro de Variedades Comerciais, obtidas a partir de plantas nai en campo (media de 3 enxertos/puga)

0,81

Puga das variedades tradicionais de castiñeiro de categoría CAC, incluídas no Rexistro de Variedades Comerciais, obtidas a partir de plantas nai en invernadoiro (media de 5 enxertos/puga)

5,42

Planta nai de clons de castiñeiro para a instalación de materiais de base para madeira, padróns ou produtores directos (plantas cun ano de cultivo posterior ao de enraizamento por gallos, en envase de 4 litros)

11,09

Cerdeira

Planta enraizada e aclimatada dun ou dous zumes de clons forestais certificados para o establecemento de campo de plantas nai

10

Todos os prezos sen IVE

36.19.00 Venda de sementes.

Concepto

Prezo (€)

Exacción/bonificación

Hortícolas

Semente estándar de pemento da Arnoia

5,40/g

Semente estándar de pemento Branco Rosal

6,75/g

Semente estándar de pemento do Couto

1,50/g

Semente estándar de pemento do Couto Grande

5,40/g

Semente estándar de pemento Entenza

1,50/g

Semente estándar de pemento Guláns

7,50/g

Semente estándar de pemento de Oímbra

8,44/g

Semente estándar de pemento de Padrón

1,50/g

Semente estándar de pemento de Punxín

5,40/g

Semente estándar de pemento Mougán

1,50/g

Semente estándar de pemento Piñeira

7,50/g

Semente estándar de pemento de Vilanova

7,50/g

Semente estándar de tomate Negro de Santiago

2,50/g

Semente estándar de tomate Taller de Lubre

3,00/g

Semente estándar de tomate San Lázaro

4,00/g

Semente estándar de tomate Corazón de Monforte

1,50/g

Semente estándar de tomate Olimpia Ourense

2,80/g

Semente estándar de cebola Brigantium

0,33/g

Semente estándar de cebola Arealonga

0,33/g

Semente estándar de cebola Egoba

0,33/g

Semente estándar de repolo Brigantium

0,135/g

Cereal-trigo

Semente categoría certificada das variedades autóctonas de trigo Callobre e/ou Caaveiro

0,60/kg

Pratenses

Semente base de Dactylis glomerata L. (Artabro)

10,45/kg

Semente base de Lolium multiflorum Lam. (Pomba)

7,31/kg

Semente base de Lolium perenne L. (Ciami)

6,67/kg

Semente base de Trifolium pratense L. (Maragato)

15,58/kg

Todos os prezos sen IVE