Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22113

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria, no Centro de Saúde Virxe Peregrina de Pontevedra.

Mediante a Resolución do 11 de xaneiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 12, do 19 de xaneiro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal licenciado sanitario de xefatura de servizo en Atención Primaria, no Centro de Saúde Virxe Peregrina de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar resolta a convocatoria e adxudicar o posto de xefatura de servizo de Atención Primaria que se relaciona no anexo.

Segundo. A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada a interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 24 de marzo de 2022

José Ramón Gómez Fernández
Xerente Área da Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de praza

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación praza

Servizo/unidade

Sánchez Hernández,

Mª del Coro

***6796**

SF-A1-250

Xefe/a de servizo Atención Primaria

Servizo de Virxe Peregrina (Pontevedra)