Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21951

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aprobación da aceptación da delegación de competencias para prestar servizos de control financeiro ao Concello de Arzúa.

O Pleno da Corporación da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2022, adoptou o seguinte acordo:

«24. Aprobación da aceptación da delegación de competencias na Deputación Provincial da Coruña para prestar servizos de control financeiro ao Concello de Arzúa.

Primeiro. Aceptar a delegación relativa ao exercicio das funcións de control financeiro sobre as subvencións pagadas polo Concello de Arzúa.

Segundo. Aceptar a delegación da instrución e resolución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados dos informes de control financeiro que se emitan en virtude da delegación anterior, así como a liquidación e recadación, tanto en período voluntario coma executivo, dos ingresos de dereito público resultantes. Para este efecto, resultarán tamén de aplicación a esta delegación as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia.

Terceiro. Publicar o acordo, adoptado polo Pleno Provincial, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento, segundo o previsto no artigo 7.2 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Cuarto. A delegación das competencias entrará en vigor unha vez que sexa publicado o acordo definitivo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos de control financeiro aos concellos da provincia de ata 10.000 habitantes, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 29 de marzo de 2022

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación
Provincial da Coruña