Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 3 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda notificar o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2021/00107).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que se mencionan no anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non facelo, teranse por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, sita na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 3 de marzo de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

OU-2021/00107

34989189W

OU-2021/00107

Y7836522E