Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de infraestruturas de evacuación á SET Portodemouros 220 kV (LAT 132 kV SET PE Orrea-SET PE Mesada e tramo de interconexión a 220 kV coa LAT 220 kV Monte Carrio-SET Portodemouros), nos concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra) (clave do expediente 2021/0048).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 18 de marzo de 2022, do proxecto de infraestruturas de evacuación á SET Portodemouros 220 kV (LAT 132 kV SET PE Orrea-SET PE Mesada e tramo de interconexión a 220 kV coa LAT 220 kV Monte Carrio-SET Portodemouros), nos concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n) e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático