Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial da expropiación urbanística das parcelas afectadas pola expropiación da primeira fase do depósito de auga As Camposas.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 3 de marzo de 2022, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para os efectos da obtención dos terreos afectados pola primeira fase da expropiación para o depósito de auga As Camposas, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese á información publica polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 7 de marzo de 2022

José Manuel López Varela
Alcalde