Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 17 de marzo de 2022 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente 801/15/2020/800116/01 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento de reintegro do importe das axudas das cales foi beneficiaria, por resultar infrutuosos os diferentes intentos realizados por correo certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), sitas na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes

NIF

Acto notificado

801/15/2020/800116/01

802/15/2020/800116/01

76511393F

Acordo de inicio de procedemento de reintegro