Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21266

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 39/2022, do 24 de marzo, polo que se nomea presidente do Consello Social da Universidade de Vigo a Ernesto Pedrosa Silva.

O título IV da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula os consellos sociais das universidades públicas.

En virtude do establecido nos artigos 77.4 e 83.1 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia (modificado pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do vinte e catro de marzo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear presidente do Consello Social da Universidade de Vigo a Ernesto Pedrosa Silva.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, vinte e catro de marzo de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade