Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 18 de marzo de 2022 polo que se notifican as propostas de resolución de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Cambre (expediente SCOVID/CAMBRE/0089 e un máis).

A persoa instrutora do Concello de Cambre ditou proposta de resolución no expediente sancionador SCOVID/CAMBRE/0089 e un máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación da proposta de resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Cambre, situadas na rúa Adro, 1, Cambre (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

De conformidade co disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez concluída a instrución do procedemento, ponse de manifesto o procedemento e indícaselle ás persoas interesadas que dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que se consideren pertinentes.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, son informadas as persoas interesadas de que a sanción que se indica na proposta de resolución poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022

Elena Prado Veiga
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/CAMBRE/0089

47370149Q

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0180

79342990M

Prohibición do consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, mediante a actividade coñecida habitualmente como botellón, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas (…)

Artigo 41.a) e artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

200 euros

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros