Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de marzo de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Angulas Aguinaga, S.A.U. de ampliación de prazo extraordinario e modificación substancial por incremento do volume construído para a ampliación de nave correspondente á concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Tragove (expediente 13-36-03-C2).

Angulas Aguinaga, S.A.U. solicita a ampliación do prazo extraordinario e a modificación substancial por incremento do volume construído para a ampliación de nave da concesión administrativa para a construción de centro de procesamento de vieiras, estación depuradora e centro de expedición de moluscos no dominio público portuario de Tragove, segundo o proxecto básico e de construción da ampliación de nave destinada a manipulación de marisco redactado en xuño de 2021 polo enxeñeiro agrónomo Julio Rosales Arosa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 28 de marzo de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia