Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21252

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022 (CL2022F) e rectificación da Resolución presidencial número 2022002205, que aproba a dita convocatoria.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 57, do 23 de marzo de 2022, publícase a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022 (CL2022F):

– Sete prazas de técnico/a en educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala de técnica, clase media e integradas no grupo A2, polo sistema de oposición, quenda libre.

– Unha praza de técnico/a en ciencias da información, encadrada na escala de Administración especial, subescala de técnica, clase media e integrada no grupo A1, polo sistema de oposición, quenda libre.

– Seis prazas de técnico/a especialista en educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre, unha reservada a persoas con discapacidade.

– Sete prazas de técnico/a especialista en educación nocturna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de técnico/a en protocolo, encadrada na escala de Administración especial, subescala de técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre.

– Tres prazas de programador/a de xestión de expedientes, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de oficial/a de control e vixilancia, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

– Unha praza de oficial/a costureira/o, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre e reservada a persoa con discapacidade intelectual.

– Tres prazas de oficial/a de cociña, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

– Dúas prazas de operario/a de servizos varios, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no grupo E, polo sistema de oposición libre.

– Dúas prazas de operario/a agrícola, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no grupo E, polo sistema de oposición libre.

– Tres prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2.

No Boletín Oficial da provincia núm. 60, do 28 de marzo de 2022, publicouse a rectificación da dita convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica da Deputación e no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 28 de marzo de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL