Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de marzo de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística PON/171/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 10 de febreiro de 2022, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo de núcleo rural, consistentes en reforma, ampliación e acondicionamento dunha edificación existente para uso residencial na Rotea, número 3, parroquia de Santa Cristina de Cobres, no termo municipal de Vilaboa, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade 36042655E, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística