Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente-e IN407A 2021/200-1).

Expediente-e: IN407A 2021/200-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA DC SMC716//SMC722-substitución apoios D12 e D14.

Concello: Oleiros.

1. Características técnicas:

• Retensado tramo liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 272 m (118 m tendidos/154 m retensados), coa orixe no apoio AIG0LJGU//C11 existente da LMTA DC SMC716/SMC722, condutor tipo LA-110 mm2 (existente), e final no apoio AIL4YPMY//D15 existente da LMTA DC SMC716/SMC722.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea circuíto 1, a 15 kV, cunha lonxitude de 54 m, coa orixe no PAS proxectado en apoio AIGH3AME//D12 proxectado da LMTA DC SMC716/SMC722, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, e final no PAR proxectado á saída do CT Vilanova-15CR34, empalme coa LMTS SMC716 a CT urbanización predio Carballeira-15CFRP.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea circuíto 2, a 15 kV, cunha lonxitude de 54 m, coa orixe no CT Vilanova-15CR34, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, e final no PAS 2 proxectado en apoio AIGH3AME//D12 proxectado da LMTA DC SMC716/SMC72, pasando por PAR proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/200-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA DC SMC716//SMC722-substitución apoios D12 e D14.

Concello: Oleiros.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 2.

Lugar: avenida Salvador Allende.

Cultivo: urbano. Solo sen edificar.

Propietaria: Marie Elizabeth Mattern.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: D14.

• m2: 21,0.