Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 17 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/AG/CIM/2019/00141 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.W36.11584.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acto que se indica, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido practicar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, para o coñecemento da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, de ser o caso, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Número recurso alzada/

Número expediente autorización

Persoa interesada

Acto notificado

RA/AG/CIM/2019/00141

DH.W36.11584

35281315M

Resolución de recurso