Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade da acta de entrega ao Concello de Sada dos treitos iniciais das estradas autonómicas AC-162 e AC-163.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o cambio de titularidade a prol do Concello de Sada dos treitos iniciais das estradas autonómicas AC-162 e AC-163, ao abeiro do Decreto 122/2021, do 2 de setembro, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 15 de setembro.

Segundo o previsto no artigo 18.6 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, os cambios de titularidade formalizaranse mediante acta de entrega.

A pesar dos reiterados ofrecementos formais por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ao Concello de Sada para a sinatura da correspondente acta de entrega, teñen transcorrido máis de cinco meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do Decreto 122/2021, polo que se aprobou o cambio de titularidade dos treitos iniciais das estradas autonómicas AC-162 e AC-163, sen que o Concello de Sada procedese á súa sinatura.

En consecuencia, ao abeiro do artigo 18.7 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, que establece que no caso de que, no prazo de tres meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do decreto polo que se aprobe o cambio de titularidade, non se teña asinado a correspondente acta de entrega por parte das administracións cedente e cesionaria, bastará con que a primeira a asine unilateralmente, facendo constar o ofrecemento formal, para entender formalizada a cesión e para os efectos derivados dela, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como Administración cedente, procedeu a asinar unilateralmente a antedita acta de entrega, o 4 de marzo de 2022.

O artigo 18.8 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, impón a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación das actas de entrega dos cambios de titularidade asinadas coas entidades locais para os efectos do seu coñecemento por terceiros. En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da acta de entrega ao Concello de Sada dos treitos iniciais das estradas autonómicas AC-162 e AC-163, asinada o 4 de marzo de 2022 unilateralmente pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como Administración cedente, ao ter transcorrido máis de tres meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do Decreto 122/2021, polo que se aprobou o seu cambio de titularidade a prol do Concello de Sada, sen que este, como Administración cesionaria, procedese á sinatura da antedita acta de entrega, a pesar dos reiterados ofrecementos formais para iso por parte da antedita Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file